Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO - CURSO 2024/2025

 

AVISO:

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2024

Documentación a presentar para a matrícula:

- Impreso formalización de matrícula

(Pódese descargar en Anexos ou solicitar no colexio)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria

- 3 fotografías tamaño carné

 

Documentación necesaria para a solicitude de admisión

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta (art. 32)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor. (art. 31)
  • No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

A efectos de comprobación, é necesario presentar o orixinal de todos os documentos fotocopiados.

Prazos

  • 1 ao 20 de marzo de 2024: presentación solicitude.
  • 21 de marzo ao 5 de abril: presentación documentación acreditativa en caso de baremar.
  • 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

Documentos e impresos

Lexislación básica

AnexoTamaño
formalización de matrícula Educación Infantil.pdf119.62 KB


page | by Dr. Radut