Skip to Content

SAÚDO CARA O TERCEIRO TRIMESTRE

Ola Rapaces e familias.

Dado que esta situación se vai prolongar máis do que agardabamos, irei introducindo nesta páxina actividades semanais para as diferentes materias que eu imparto: Matemáticas, Lingua Castelá, Sociais, Naturais, Música e Valores.

O obxectivo é que sigamos mantendo os hábitos de traballo, e desenvolvendo as competencias básicas con tarefas factibles desde casa. Dalgunhas tarefas pedireivos que me enviedes o traballo finalizado, coma sempre ao meu correo:

marcos.casas@edu.xunta.gal

 

Desde o colexio comprendemos as dificultades desta situación para moitas familias que non poden acceder ao material, non teñen conexións cómodas a internet, ou non teñen tempo de supervisar o traballo do alumnado. Agradécese todo o que estades facendo neste sentido, e a grande capacidade de esforzo e resistencia que estades demostrando. Moito ánimo!

 

Cada alumno, orientado pola súa familia, irmáns maiores, etc, debe facer o que poda, sen agobiarse, e dacordo coas súas capacidades. Este traballo será un "mantemento" ata que recuperemos as clases con normalidade.

 

 

Empezo propoñendo a elaboración dun texto (conto, poema, relato, historia, ...)  sobre algunha destas imaxes ou sons, para que vaiades facendo esta semana e a que vén:

http://lidiss.gal/lino-braxe

http://lidiss.gal/santy-gutierrez

 

O máximo son 600 palabras, para que así poidades presentalo a este certame literario:

http://lidiss.gal/como-funciona

 

Déixovos aquí a foto da maceira que plantamos este inverno, que xa está sacando a súa primeira flor.

Marcos



blog | by Dr. Radut