Este curso vai rematando.
Noutros tempos estaríamos ensaiando todos moi emocionados a nosa función fin de curso. Agora non pode ser, pero volveremos con máis ilusión a aquelas festas no cole con todas as familias.
Para os días que nos quedan, que a rapazada siga traballando nos seus libros e despois a pasar o mellor verán posible.
Propoño tamén unha actividade para que eles reflexionen:
Que foi o peor e o mellor deste confinamento?
(estar máis tempo con papá e mamá, non ter que madrugar...non poder xogar cos amigos, non poder dar abrazos aos avós...)
Colle unha folla ou un folio e divídeo en dúas metades.
Nunha metade escribe unha frase co que che pareceu peor deste tempo e fai o debuxo.
Noutra metade escribe unha frase co que che pareceu mellor deste tempo e fai o debuxo.
E, se podedes, enviádeme este traballo ao meu correo electrónico. Graciñas de antemán.
E o conto da semana é:
O CASCABEL DA GATA