Estamos na semana das letras, polo que vos animo a que concentredes as actividades de linguas nesta celebración, para a que temos no apartado de Proxectos do centro>Dinamización da Lingua Galega, unha serie de actividades orientadas a que saibades algo máis de Ricardo Carvalho Calero, e poidades facer actividades sobre a súa figura e a súa obra.
Como sabedes, o día das letras será o día 17, domingo, e esta semana tedes na rede moitas actividades relacionadas con esta festividade, así como coa lingua en xeral, a través da poesía, da música, da literatura oral, etc.
Aquí vos deixo algunhas ligazóns máis.
Web específica, con actividades para Primaria, impulsada pola AGAL:
Información sobre Ricardo Carvalho:
http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2020/
Evento de música e poesía "live" que se fará o domingo 17 desde Nova York
https://www.facebook.com/events/festival-kerouac/letras-galegas-2020-unh...
Lectura compartida en liña:
https://www.coruna.gal/cmix/gl/convocatorias/actividades/detalle-activid...
Video feito no IES de Arzúa sobre o autor:
https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms&feature=emb_title
Saúde! Marcos.