Tanto para 5º como para 6º, propóñovos que estes días que temos moito tempo para argallar, tentedes facer algún dos experimentos que se recollen neste enlace.
https://anaya.acblnk.com/envio/ver/9lmtVVbBqgSF3uW54EJLncyoFrhuXF4fiqXAS...
Podedes facer o reloxo de sol, moi parecido ó que fixemos en clase no primeiro trimestre, ou a bomba de auga para introducirvos na física dun xeito moi sinxelo. Ou calquera outro que vos apeteza. Anímovos a que, se non tedes algún dos materiais, o substituades por algún outro que teñades na casa, por exemplo, se non tedes pegamento térmico, podedes usar masa de fariña, ou plastilina, ou blandi blub...
Cando o rematedes, enviádeme unha foto e un texto explicando como fixestes (material, proceso, funcionamento) ó meu correo electrónico: marcos.casas@edu.xunta.gal
Saúde! Marcos.