ACTIVIDADE DOS MAIOS
Os maios son unha celebración tradicional de Galicia que se soe celebrar entre finais de abril e primeiros de maio.
Posto que esta festividade celebra a chegada da primavera, o que se soen facer son estruturas con elementos propios desta estación como son follas, froitos e flores. As estruturas nun inicio tiñan forma de árbore pero pouco a pouco foron aparecendo outras formas.
Ademais das estruturas tamén se elaboran coplas e bailes arredor desta festa popular.
Polo tanto, xa que estamos a piques de comezar o mes de maio, propoñemos elaborar de forma voluntaria nas vosas casas un maio. Podedes empregar material de refugallo: envases, cartóns, tapóns, papeis, fíos, teas.... ou se nos vosos paseos atopades material natural, tamén o podedes empregar.
Deixade voar a vosa imaxinación!!!
E se ademáis queredes inventar unha copla tamén podedes.
Lembrade enviar aos vosos titores e titoras o traballo feito.
Exemplos: