Skip to Content

CONCURSO POSTAIS NADAL 2023

POSTAL GAÑADORA EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

VALERIA (6º EP)

 

 

 

POSTAL GAÑADORA EN EDUCACIÓN INFANTIL:

DAVID (6º EI)

 

Podedes ver o resto de postais na galería de fotos ou no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcidadevella/galeria/displayimage.php?album=90&pid=4147#top_display_media

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA - NADAL 2023

 

                                                                                                                           

                                                                                            

CAMPAMENTOS URBANOS NOS CENTROS CÍVICOS

CONCURSO PILABOT

 

 

 

CONTA DO CENTRO DE INSTAGRAM

OBRADOIROS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE

Benqueridas familias,

Grazas ao traballo voluntario da Anpa Herrerías e á subvención recibida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia (DOG. Núm. 108, do 8 de xuño de 2023), a comunidade educativa do CEIP Cidade Vella será beneficiaria dos obradoiros de promoción da igualdade.

Estas son as actividades programadas:

  • PARA O ALUMNADO (en horario lectivo).

13 de novembro. Educación Infantil. CONTACONTOS: “Príncipas e princesos”. Pablísimo contará a historia de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos.

FESTA SAMAÍN

 

O martes 31 de outubro de 16 a 19 horas as familias de 6º de primaria coa colaboración da ANPA Herrerías e o centro, teñen preparada unha estupenda festa; haberá música, quiosco, xogos, pintacaras, túnel do terror, sorteos e moitas sorpresas máis.

A recadación será destinada para sufragar parte dos gastos da excursión de fin de curso de 6º de primaria.

Estades todos/as convidados/as.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Saúdos.

 

FASE FINAL ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Benqueridas familias,

 

CONCURSO SOMBREIROS SAMAÍN

 

 

 

Benqueridas familias.

Como todos os anos coa chegada do Samain, convocamos o concurso artístico e terrorífico que este ano adicamos á elaboración e decoración de gorros (de todo tipo de materiais: de tea, de papel, de cartón...).

Os premios serán ao máis orixinal e ao máis terrorífico.

Podedes comezar a traelos o luns 23 de outubro ate o xoves 26, que será o último día de entrega.

Quedarán expostos e levaranse de volta para a casa o venres 3 de novembro

O luns 30 de outubro celebramos pola mañá a festa do Samain-Magosto, onde haberá diversos xogos e merenda con castañas.

Os nenos e nenas poderán vir disfrazados da casa ese día pero lembramos que non se poden traer complementos e deben de ser cómodos xa que haberá clase normal as tres primeras horas. 

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.

LECTURA EN FAMILIA

 

Prezadas familias, 

Dende a Biblioteca queremos convidarvos a celebrar con nós o comezo da nova estación. Mais, para iso, precisamos a vosa colaboración! 

Dende o día 23 ao 31 do corrente mes, as portas da biblioteca e das nosas aulas abriranse para acoller historias, contos e relatos para rir ou tremer. Poden estar relacionadas co magosto, o outono ou o samaín. 

As persoas que queirades participar (pais e nais, irmáns maiores, avós e avoas…) podedes poñelo en coñecemento das/o titor/a do voso grupo (a través do Abalar) ou enviando un mail ao correo da biblioteca (biblioteca.ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal), indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. E se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto co equipo da biblioteca a través do correo electrónico anteriormente indicado para que vos asesoren ou vos presten algún libro da nosa biblioteca. 

O prazo para apuntarse a esta iniciativa remata o xoves día 19. A partir dese día, indicaranse ás persoas que participedes a data e a hora á que tedes que vir. 

Estamos desexando escoitar as vosas historias! 

Agardamos a vosa colaboración. 

Un saúdo.

 

O Equipo de Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut