Blogues
Informamos ás familias que, segundo a Resolución do 5 de maio de 2020, restablécese o prazo para a presentación das solicitudes para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes, ambos incluídos.
A atención ao público será de 10:00 a 13:00 EXCLUSIVAMENTE PARA A RECOLLIDA DAS SOLICITUDES deste proceso.
Así mesmo establécense novos prazos para o proceso:
- Publicación das listas provisionais: antes do 9 de xuño de 2020. Poderanse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Prazo de solicitudes:
Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2020-2021 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
Documentación a presentar:
As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550B) poderanse recoller na secretaría do centro. Tamén estarán dispoñibles na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisión de alumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Deberán ser presentadas na secretaría do centro e acompañadas da seguinte información:
- Fotocopia de DNI do alumno/a (se o ten) e dos proxenitores.
- Fotocopia do libro de familia.
- Certificado de empadroamento actualizado.
- En caso de separación ou divorcio, deberán presentar copia do consello regulador ou resolución xudicial.
INFORMACIÓN INPORTANTE
A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou na aplicación "admisión de alumnado".
Normativa de aplicación
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.