Blogues
AVISO IMPORTANTE:
As familias que van facer uso do servizo de transporte escolar para o vindeiro curso 2020/2021 deben responder ao tokapp ou poñerse en contacto co centro antes do martes día 8 indicando:
Nome e curso do neno/a
Modalidade: (Indicar unha das 3 opcións)
- IDA ao cole
- VOLTA a casa
- IDA E VOLTA
Parada: (Indicar a liña e a parada que corresponda)
- Liña de Arriba: Cidrás, Xuviño, Chancelas ou Samieira.
- Liña de abaixo: Pensos Couto, Supermercado Froiz ou A Canteira
Un saúdo. A Dirección
ORGANIZACIÓN DO INICIO DE CURSO 2020/2021
CEIP PLURILÍNGÜE DE CHANCELAS
Medidas adoptadas segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021
- Medidas de protección individual: A máscara é obrigatoria a partires dos 6 anos e altamente recomendable para o alumnado de infantil. Será obrigatorio traer outra máscara de recambio e un recipiente, caixa ou bolsiña para gardala.
- Medidas de hixiene e prevención: O centro ten a disposición do alumnado e profesorado dispensadores de hidroxel, papel de mans, xabón...
- Rutinas xerais no centro: lavado frecuente de mans, ventilación e limpeza reiterada, mantemento da distancia interpersoal...
- Rutinas xerais da casa. Toma de temperatura diaria antes de vir ao cole e auto enquisa ANEXO I
- Organización do centro en grupos estables de convivencia.
Tendo en conta as nosas instalacións, o alumnado e o profesorado estará organizado en 3 grandes BLOQUES que farán uso do mesmo espazo (corredores, baños…) sempre gardando a distancia interpersoal e evitando, ao máximo, o contacto con outro bloque:
- Infantil
- 1º, 2º e 3º: Planta de abaixo
- 4º, 5º e 6º: Planta de arriba
Ademais dentro de cada bloque, formaranse os grupos estables de convivencia por curso.
- Entradas: Non se permitirá o acceso ao recinto escolar dos proxenitores, a excepción de infantil.
- Infantil: 9:15h, acompañados por un so proxenitor ata a porta do centro sempre con máscara e respectando a distancia de seguridade
- 1º, 2º e 3º de Primaria: A partires das 9:00h pola cancela de abaixo.
- 4º, 5º e 6º de Primaria: A partires das 9:00h pola cancela de arriba.
A partires das 9:00h tamén poderá vir o alumnado de infantil que teña irmáns en Primaria.
No caso de ter fillos en distintos bloques, o acceso será pola cancela que lle corresponda ao irmán menor
- Saídas:
- Infantil: Ás 13:45h na porta do centro.
- 1º, 2º e 3º de Primaria: A partires das 14:00h pola cancela de abaixo (CEMITERIO).
- 4º, 5º e 6º de Primaria: A partires das 14:15h pola cancela de arriba.
- Circulación no centro e no recinto escolar: Prégase a NON AGLOMERACIÓN de persoas na entradas e saídas e debendo, en todo caso, garantir as medidas de distanciamento físico interpersoal.
- Recreos: O grupos estables de convivencia terán o recreo nunha zona e/ou horario independente do resto.
- Comunicación coas familias: Priorizarasea comunicación coas familias a través de teléfono ou videochamada. Ademais continuaremos empregando a páxina web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipchancelas/ e o servizo de tokapp school.
- Aparición de sintomatoloxía: Ante a presenza de síntomas compatibles con COVID-19 actuarase do seguinte xeito:
- Fóra do centro: Non acudirán ao centro educativo aquelas persoas que teñan síntomas compatibles con COVID-19, xa sexan parte do alumnado, profesorado ou outro persoal, así como aquelas que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID-19 ou en período de corentena por contacto estreito cun caso de COVID-19.
- Dentro do centro: O alumno levarase a un espazo separado de uso individual habilitado para este fin e acompañado dun mestre. Contactarase coa familia que deberá presentarse no centro á maior brevidade e solicitar consulta telefónica co seu pediatra
- Plan de continxencia: No caso da suspensión da actividade lectiva presencial ou semipresencial serán os mestres os que impartirán o ensino non presencial a través do enderezo electrónico e/ou da aula virtual de cada grupo onde se abrirán canles de comunicación directa: foros, videochamadas... Así mesmo, esta aula virtual estará activa desde o comezo de curso independentemente da modalidade de ensino (presencial ou non presencial).
- Servizo de madrugadores, comedor e extraescolares: A ANPA e a empresa Arume están traballando na xestión destes servizos e serán os encargados de difundir ás familias toda a información relacionada.
MAIS INFORMACIÓN:
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31579
Á espera da actualización do protocolo acordado o 28/8/2020 na xuntanza das Comunidades Autónomas
3/9/2020
Claustro
AVISO PARA A RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO
O horario de recollida dos vales será de 9:30 a 11:00h organizado do seguinte xeito:
Día 4 de setembro: 1º, 2º e 3º
Día 7 de setembro: 4º, 5º e 6º
Accederedes ao o interior do centro de un en un e repectando a distancia de seguridade
Un saúdo. A Dirección
AVISO DA ANPA:
Informamos que as familias que precisen utilizar o servizo de comedor no mes de setembro deberán facer a solicitude antes do día 4 de setembro.
Adxuntamos impreso coa solicitude e o procedemento a seguir.
https://tokapp.com/url/vndwf
Así mesmo informamos que as tarifas poderán sufrir modificacións.
Un saúdo. ANPA
Estimadas familias,
Damos a benvida a este inusual curso 2020/21. Estamos traballando para facer do noso cole un lugar seguro para toda a comunidade educativa.
Nestes días iremos enviando noticias e información de como imos vivir no cole a partires de agora. Todas as ideas e medidas adoptadas nos permitiran seguir aprendendo felices e seguros en Chancelas.
Segundo as últimas novas, o comezo das clases será do seguinte xeito:
- Día 10 de setembro: 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.
- Día 11 de setembro: 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.
- O alumnado de 4º de Infantil comezará segundo o calendario de adaptación enviado pola titora ás familias.
Para calquera dúbida, podedes chamar aos seguintes números do centro 886151469 ou 886151470. Lembrade que para acceder ao centro é necesaria cita previa.
En canto á recollida de vales, poñerémonos en contacto para informar dos horarios de recollida.
Un saúdo. A Dirección
Adxuntamos listaxe definitiva do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º E 6º)
Informamos que nos foi concedido o PROXECTO EDIXGAL: O alumnado de 5º de Primaria non entrará no fondo de libros pois disporán de dispositivos dixitais concedidos pola Consellería de Educación.
Adxuntamos LISTAXE DEFINITIVA das AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO (1º e 2º) e MATERIAL ESCOLAR para toda Primaria
A recollida de vales realizarase en SETEMBRO.