Blogues
Informamos que xa está publicada no DOG a orde da convocatoria para:
- Axuda dos libros de texto en 1º e 2º de Primaria
- Axuda para material escolar en todos os cursos de Primaria.
* Aclaración do Fondo solidario de libros de texto: Informamos que para o vindeiro curso non será necesario o uso do fondo de libros de texto en:
- 3º e 4º: porque non hai ningún libro asignado para estes cursos.
- 5º e 6º: por participar no programa E-dixgal.
A solicitude poderá descargarse e presentarse accedendo á aplicación Fondolibros:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/#
e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.
- Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación .
Así mesmo o impreso tamén estará dispoñible na secretaría do centro a partires do 25 de maio en horario de LUNS A VENRES de 09:15h a 10:00h e de 13:30h a 14:15h e será única para todos os fillos/as admitidos no centro para o curso 2022/23.
O alumnado que pasa a 1º da ESO terá que presentala no instituto.
O prazo de presentación da solicitude remata o 22 de xuño do 2022.
É requisito indispensable para optar ás axudas, devolver os libros de texto deste curso 2021/2022 adquiridos coas axudas ou recibidos do Fondo Solidario.
Un saúdo. A dirección.
Prazo de solicitudes:
Dende o día 1 ata o 21 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2022-2023 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
Documentación a presentar:
As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (formulario ED550B) poderanse recoller na secretaría do centro. Tamén estarán dispoñibles na páxina web do centro, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación "admisión de alumnado"
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Deberán ser presentadas a través da sede electrónica ou na secretaría do centro e acompañadas da seguinte información:
-
Fotocopia de DNI do alumno/a (se o ten) e dos proxenitores.
-
Fotocopia do libro de familia.
-
Certificado de empadroamento actualizado.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán presentar copia do consello regulador ou resolución xudicial.
INFORMACIÓN INPORTANTE
A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou na aplicación "admisión de alumnado".
Normativa de aplicación:
-
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
-
Instruccións da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Adxuntamos documento coa organización do principio de curso 2021 - 2022
Adxuntamos información sobre o proceso para a solicitude de BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE
Adxuntamos enlace ao calendario escolar do curso 2022 - 2023