AVISO IMPORTANTE: ABERTO O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
Informamos ás familias que, segundo a Resolución do 5 de maio de 2020, restablécese o prazo para a presentación das solicitudes para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes, ambos incluídos.
A atención ao público será de 10:00 a 13:00 EXCLUSIVAMENTE PARA A RECOLLIDA DAS SOLICITUDES deste proceso.
Así mesmo establécense novos prazos para o proceso:
- Publicación das listas provisionais: antes do 9 de xuño de 2020. Poderanse formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.