Skip to Content

Obradoiros con Saray de Nutretuplato

Bo día a todas e todos!
Como estades? Como foi esta semaniña? Agardo que fora todo de marabilla.
Onte estaba dando unha volta polos corredores da escola cando de repente... vaia recendo! Botei unha ollada agochándome tras a porta e vaia caras de concentración e de felicidade tiñades! Estades feitas unhas e uns "chefs"!
Polo que observei, Saray visitounos a semana pasada para facer dous obradoiros: un para axudarnos a coñecer os alimentos (proteínas, vitaminas, hidratos e graxas) e outro para aprender a combinar ditos alimentos correctamente e así garantir unha alimentación equilibrada. Despois de toda esta aprendizaxe, onte chegou o momento de poñerse mans á obra e de darlle forma a unha receita saudable, nutritiva e deliciosa .
A continuación podedes ver as receitas que fixeron as nenas e nenos de 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP. Aproveitando que o tempo de Nadal está ao caer, crearon uns "Papá Noel" e uns bastonciños a partir de froita. Tamén elaboraron unha torta de mazá e unhas galletas de plátano, avea e chocolate. Todas as receitas son doadas e están riquísimas! 



Xa tedes entretemento para esta fin de semana, quen se anima a facer algunha destas receitas? Podedes subir foto ás redes e etiquetar ao CEIP de Cervo e a Nutretuplato para ver o resultado final.
Para rematar, darlle as grazas a Saray polo seu tempo e pola súa dedicación. Foi unha experiencia docemente enriquecedora. Seguro que algunhas nenas e nenos xa teñen pensandas merendas saudables para traer a próxima semana.
Agora toca descansar.
Bicos e apertas (con distancia) a moreas.



blog | by Dr. Radut