Skip to Content

3D Día Internacional das Persoas con (Dis)capacidade

Bo día a todas e todos.

Volvo a andar por aquí e hoxe veño porque quero lembrar o que fixemos o venres pasado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON (DIS)CAPACIDADE. Foi unha mañá chea de aprendizaxe e moitas experiencias. Comezamos?

Ao longo da semana, todos os cursos da escola, sacaron unha foto equipados con paraugas para participar na campaña "Baixo o mesmo paraugas" organizada por Galicia Diversa. Con esta proposta preténdese loitar por un mundo máis accesible, no que existan as mesmas posibilidades para todas e todos e onde a discriminación non teña cabida. Porque como sempre digo: "Máis diferenzas, máis posibilidades".

A mañá do venres 3, recibimos a visita de alguén moi especial. Coñecimos a Alex o curso pasado a través dun vídeo, onde nos explicaba como era o seu día a día e os diferenres deportes que practicaba. Este curso, tivemos a posibilidade de invitalo a vir ao colexio. Comezamos realizándolle unha entrevista en OndaPucaRadio para resolver algunhas dúbidas e curiosidades e continuamos cunha demostración de como se utiliza a súa bicicleta adaptada, coa cal está a competir. Incluso algunhas mestras e mestres atrevéronse a probala e comprobaron o seu complexo funcionamento. 

Dende Bibliocervo, aproveito para darlle as grazas a Alex por amosarnos a súa vida e achegarnos un pouquiño máis a súa realidade.

Polo momento, isto é todo.

Bicos e apertas (con distancia) a moreas.



blog | by Dr. Radut