Propostas de traballo de inglés
Os mestres de Inglés aconsellan traballar no blog de inglés para repasar diferentes contidos.
Premendo na imaxe enlazades co blog.
O alumnado de Educación Infantil pode utilizar esta ligazón que deixamos debaixo para traballar. Co teacher xa remataron a unidade 5 pero non importa se queren seguir avanzando. Así cando volvan iranlles soando as cousiñas e avanzarán máis e mellor.
Recordade tamén que o alumnado de 5º e 6º terá actividades na plataforma EVA - EDIXGAL.
Os mestres tamén recomendan aplicacións gratuítas como:
(aplicacións para móbil ou tableta)
FUN ENGLISH
LEARN ENGLISH FOR KIDS
LINGOKIDS
BUSUU KIDS
(Teñen a súa versión gratuíta e, coma todas, a súa parte de pago)