Matrícula 2020-2021
Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2020-2021
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.
Formulario de Admisión
A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está á súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace: ( Formulario en formato pdf)
Unha vez descargado, deberá cumprimentarse de forma manual e presentarase no centro.
Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
Os postos escolares vacantes estarán publicados na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro.
Prazos:
• Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
OFERTA DE PRAZAS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FORMULARIO de ADMISIÓN.pdf | 490.86 KB |
Instrucións MATRÍCULA.pdf | 194.26 KB |