Outras actividades

COÑECEMOS AO CREADOR DE BOTALERIAS

O alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria, tivo o pracer de coñecer en persoa ao creador/deseñador da mascota da nosa Biblioteca, de Botalerias; chámase Antonio Castro.

Moitas grazas pola túa visita, pola túa colaboración e por mostrarnos parte da túa obra.

 

CHARLA OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

O mércores, 3 de abril, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP de Pontecarreira, acompañados do seu titor, Marcos Pinaque Varela, impartiu unha charla sobre a obsolescencia programada. Esta actividade tivo lugar na Biblioteca de Botalerias e asistiu, en diferentes sesións, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro.

Explicaron o que é, que produtos son vítimas da obsolescencia programada, as súas consecuencias e o que podemos facer nós para remediala. Tamén nos recomendaron unha serie de vídeos para poder ampliar os nosos coñecementos sobre o tema e déronnos un tríptico elaborado por eles/as mesmos/as con toda esa información.

Moitas grazas e felicitacións por iniciativas coma esta!!

 

MONTAXE DOS ESCORNABOTS...

O grupo de mestres/as que están recibindo formación en robótica, non para...

Desta volta foron á Aula Nova do CAFI, en Santiago de Compostela para continuar aprendendo. Agora tocoulles traballar na montaxe doutro tipo de robots, dos Escornabots, os cales estarán á disposición de todo o alumnado e profesorado en breve.

 

 

 

CONTACONTOS PEDRO...

O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria, asistiu a un contacontos a cargo de Pedro Mañas, na Biblioteca do cole, na Casa de Botalerias.

A actividade encantounos a todos e a todas!!

Moitas grazas pola túa visita!

 

O ENTROIDO 2019

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN...

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 3 ANOS A (OSO PARDO)

 3 ANOS B (OSO POLAR)

 4 ANOS A (RÁ IBÉRICA)

 4 ANOS B (O BURRO)

 4 ANOS C (O SAPOCONCHO)

 5 ANOS A (O TIGRE)

 5 ANOS B (O LOBO)

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º A, B e C (LIBÉLULAS)

 

2º A, B e C (BOLBORETAS Monarca e cazadores de Bolboretas)

 

3º A (Rinoceronte de Java - Manifestantes) 

3º B (Atún vermello - Manifestantes)

3º C (Píntega - Manifestantes)

 

4º A, B e C (Morcego Grande de Ferradura)

 

5º A, B e C (Investigadores)

 

6º A, B e C (Lince Ibérico)

 

O BAILE DO CEMPÉS...

Todo o alumnado de Educación Primaria, baixo a batuta de Manuel, o mestre de Educación Musical, preparou e ensaiou unha coreografía, que presentaron de xeito conxunto o día 28 de febreiro...

O tema escollido foi "O Cempés", o cal estiveron traballando nas clases de Música este trimestre.

O audio non é moi bo, dadas as condicións acústicas do pavillón, pero pódese observar o gran traballo e esforzo que conlevou... poñer dacordo a 18 clases para actuar de forma conxunta!!!! 

Resultado de imagen de CIEMPIÉS DIBUJOPremede no cempés para velo... 

 

II XORNADA INTERCOMARCAL DE BÁDMINTON EN TRAZO

O sábado, 16 de febreiro, unha grupo de alumnos e alumnas do noso colexio, asistiu á II Xornada Intercomarcal de Báminton no Pavillón Polideportivo Municipal de Trazo, incluída  no Programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Con elo, pretendemos potenciar, favorecer e promocionar o achegamento do noso alumnado a diferentes modalidades deportivas. Nesta ocasión, unha representación do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria  participou nunha xornada da Liga Intercomarcal de Bádminton.

Na xornada, ademais do noso centro, participaron as Escolas Deportivas dos concellos de Trazo, Boimorto, Melide e Toques.


 

OS AXUDANTES DE BOTALERIAS PRESENTAN NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Os axudantes e as axudantes de Botalerias, tiveron estes últimos días unha tarefa moi importante.

Foron @s encargad@s de ir polas aulas de Educación Primaria de todo o centro presentando as novidades que se adquiriron dende a Biblioteca esta última tempada.

Tiveron que prepararse, coñecer ben o que ían presentar e, coma sempre, fixérono de 10!!

Temos uns axudantes de Biblio excepcionais!!

 

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO RAPACES/AS!!

PFPP "INICIACIÓN Á ROBÓTICA"

Unha parte do profesorado do CEIP ADR Castelao, interesado pola introdución da robótica no día a día das aulas, está levando a cabo este curso un Plan de Formación Permanente do Profesorado que terá unha duración de dous cursos e grazas ao cal, se poderán ir poñendo en práctica diferentes actividades de robótica co alumnado.

Despois dalgunha sesión máis teórica, desta volta comezamos a montar os robots mBot que nos facilitan dende o CAFI para o traballo diario co alumnado unha vez teñamos adquiridos os coñecementos necesarios.

 

 

 

 

 

CONTACONTOS PARA 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de terceiro de Educación Primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos a través da cal se pretendía fomentar a lectura entre o alumnado!!

Esta labor estivo a cargo de SABELA, que o fixo dun xeito moi participativo e motivador para os cativos/as!!

Foi moi interactivo e todos e todas quedaron encantados!!

Agardamos que volva a facernos unha visita en canto poida!!

Que ben o pasamos!!