Profesional

EXPERIMENTANDO COS ROBOTS...

O traballo cos robots non para... E pouco a pouco ímonos adentrado na programación!! 

Desta volta queremos ensinarvos como estamos logrando programar o Mbot para que execute diferentes ordes...

No seguinte vídeo podedes ver como fixemos que evitara (na medida do posible) os obstáculos. Premede no Mbot.

MONTAXE DOS ESCORNABOTS...

O grupo de mestres/as que están recibindo formación en robótica, non para...

Desta volta foron á Aula Nova do CAFI, en Santiago de Compostela para continuar aprendendo. Agora tocoulles traballar na montaxe doutro tipo de robots, dos Escornabots, os cales estarán á disposición de todo o alumnado e profesorado en breve.

 

 

 

FALANDO DE ROBÓTICA

Ao longo deste curso 2018/19, imos levar a cabo un PFPP (Programa de Formación Permanente do Profesorado) no centro. Tratará acerca da "Robótica nas aulas" e contará coa participación dunha boa parte do claustro.

Relacionado con isto, o coordinador do PFPP (o mestre Sergio) tivo a oportunidade de exercer de poñente para a ENAPA (Escola de Nais e Pais)  e resto da comunidade educativa, falando da importancia da robótica na adquisición de novas aprendizaxes.

Falando coa ANPA, decidimos unir esta ponencia coa posta en funcionamento da ENAPA e invitar a todas as familias do centro que o desexasen.

 

Agardamos poder poñer en práctica todas as aprendizaxes co noso alumnado e agardamos que nas vindeiras colaboracións coa ENAPA a participación das familias sexa cada vez maior.

 

PIALE EN CANADÁ DA NOSA TEACHER FÁTIMA

Teacher Fátima estivo no Canadá perfecionando o seu inglés e coñecendo o sistema educativo deste país. Trouxo moitas ideas frescas e innovadoras para poñer en práctica aquí, empapouse da vida e costumes dalí e agora estallelo transmitindo ao seu alumnado. 

Mirade que gran exposición fixo no corredor do 1º andar do edificio principal...

Se queres coñecer un pouco máis do programa PIALE, preme aquí

 

 

PIALE. ESTANCIA EN ONTARIO (CANADÁ)

UNHA DAS MESTRAS DE INGLÉS DO CENTRO PARTICIPOU DURANTE UN MES NO PROGRAMA PIALE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, MODALIDADE DE "INTEGRACIÓN", XUNTO CON OUTR@S 24 DOCENTES GALEG@S. ASISTIU COMO OBSERVADORA DO FUNCIONAMENTO DAS ESCOLAS DA PROVINCIA DE ONTARIO (CANADÁ) E ASÍ COÑECER O SISTEMA EDUCATIVO CANADIENSE, AS METODOLOXÍAS E DINÁMICAS DE AULA EMPREGADAS.

ESTAS DÚAS PRESENTACIÓNS TEÑEN COMO FIN COMPARTIR CON VÓS A SÚA EXPERIENCIA E ESPERAMOS QUE TODO O APRENDIDO REPERCUTA NA MELLORA DA APRENDIZAXE DO ALUMNADO.

 

PREMEDE NOS SEGUINTES ENLACES PARA VER AS PRESENTACIÓNS:

O MODELO EDUCATIVO EN ONTARIO.pdf

UNHA ESTANCIA EN CANADÁ.pdf