DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER,que se celebra cada 8 de marzo, comezamos coa exposición de libros sobre esta temática para dalos a coñecer a toda a comunidade.Bibliografía de mulleres científicas, escritoras, defensoras da igualdade,activistas... e tamén libros con historias de mulleres valentes, loitadoras, que souberon, a pesar das dificultades, seguir o camiño que se marcaron e historias tamén divertidas co trasfondo da igualdade e o estereotipo de xéneros.
Pásate pola biblio para botar un ollo á selección de libros que tedes a vosa disposición para coñecer ás mulleres bravas que foron abrindo camiño.
E lembrade:
8 de marzo para celebrar a igualdade
e 365 días para poñela en práctica.