Neste mes de febreiro continuamos coas actividades de inverno facendo grafismo creativo e tamén decoramos a clase con siluetas de animais polares. Como nos gusta moito pintar con pinceis fixemos uns fermosos debuxos invernais usando as cores frías desta estación.
Concentramos e relaxámonos cos mandalas dos paraugas e tamén facendo unha folerpa de neve con figuras xeométricas.
Un día descobrimos as sombras que se producían no chan da aula ao dar o sol nas ventás onde temos una decoración de paraugas e animais polares. Encantounos e vimos que se nos poñiamos nós tamén se proxectaba a nosa sombra.
Estas son algunas fichas do noso proxecto “Todos menos un”. Debuxamos e coloreamos una planta con chícharos diferentes e creamos o noso propio, ademais traballamos os conxuntos equivalentes. Lemos as características do pavo real e debuxamos e coloreamos un que nos quedou moi fermoso e tamén decoramos outro con grafismos…
Observamos como medraban os chícharos. Un día fomos a horta a plantar os que eran máis grandes.Foi una experiencia marabillosa porque puidemos plantar os chícharos e ademais visitar a horta e ver todo o que hai plantado. E ata entramos dentro do invernadoiro. Que caloriño facía alí dentro!
O 23 de febreiro foi o día de Rosalía e cada clase do colexio plantou un pensamento porque era a flor que máis lle gustaba a Rosalía de Castro e tamén vimos algún vídeo sobre a súa vida. Escoitamos poesía musicada do disco de Rosalía Pequeniña e elaboramos un pequeño folleto composto pola foto de Rosalía, a poesía “ como chove miudiño” e un pensamento.
Chegou a semana do entroido! Na clase fixemos diversas actividades sobre o entroido utilizando distintas técnicas plásticas. Desfrutamos moito coas ordes do meco xa que tivemos que levar en distintas partes do corpo o que nos ía mandando cada día. Foi moi divertido! O venres chegou o día da gran festa!. Xa o estabamos desexando!. @s de infantil fomos disfrazados de traballadores do circo. Convertémonos en mag@s e ao ritmo da música do “Aprendiz de bruxo” fixemos un baile onde houbo coellos na chistera, panos que aparecían e desaparecían… Puidemos ver as actuacións dos demais nen@s do colexio . Estivemos moi atent@s ao xuízo do meco e ao momento da queima. Pasámolo fenomenal!!!
E así coa divertida festa de entroido rematamos o mes de febreiro.