FEBREIRO DE ENTROIDO

 No mes de febreiro puidemos desfrutar de varias celebracións. Por unha banda, o noso querido Entroido. En 4 anos fomos disfrazadxs de malabaristas e equilibristas. Para tal, decoramos os chalecos do noso disfrace de estrelas prateadas que estampamos con esponxas e tamén elaboramos os diferentes complementos que levamos: os platillos, os paraugas, os aros e as mazas. Ademais, cada día saíamos un ratiño ao patio para poder ensaiar a actuación que fixemos para todxs xs compañeirxs do colexio. Encantounos poder actuar e tamén ver as actuacións das demais clases, foi un día xenial!

 

Por outra banda, neste mes tamén se conmemorou o Día de Rosalía de Castro o día 23. Durante esa semana coñecimos algún dos poemas da escritora, vimos fotografías dela e tamén coñecimos a súa pranta preferida: os pensamentos. Así pois, para conmemorar este día cada clase saíu ao xardín prantar o seu pensamento.