Para o Samaín colaboramos para facer un libro de infantil aportando cada ne@ o seu medo. Ademais na clase metemos o noso medo nunha bolsa máxica e converteuse nuna gominola. Foi algo máxico e encantounos! Decoramos a clase con teas de araña, arañas e tamén con cabazas . Pintamos unha cabaza grande. Traballamos as figuras xeométricas e os grafismos. Coas pinturas fosforescentes fixemos debuxos de medo e logo puidemos velos coa luz negra. Foi superchulo ver como cambian as cores e como brillan!
Visitamos a exposición das marabillosas cabazas decoradas polas familias.
Xogamos coas follas e froitos do outono facendo series, contando, asociando número e cantidade…
Para o Magosto decoramos con rotuladores un vaso para meter as castañas e quedounos xenial! Tamén fixemos un colar de castaña, grafismos e un mandala … Vimos como asaban as castañas e logo puidemos degustalas e bailar. Pasámolo fenomenal!
Comezamos este novo curso e este trimestre con moita ilusión e con ganas de vivir novas experiencias e realizar novas aprendizaxes
Iniciamos o proxecto sobre o conto de ELMER, o elefante de retallos, símbolo da diversidade e da aceptación da diferenza. Ademais de facer fichas de lóxica, grafismos , mandalas, pintar con pincel …tamén decoramos as iniciais dos nosos nomes ao modo de Elmer. Quedáronnos superchulas!
Como xa chegou o outono fomos observar as árbores do patio e vimos como van cambiando as súas cores e recollemos follas. Ademais pintamos con cores de outono e decoramos a clase. Realizamos xogos matématicos de asociación cantidade e número, series coas follas e froitos de outono
Encantounos empezar a usar as tesoiras! . Fixemos distintas actividades de recortado para practicar e cada vez facémolo mellor!
Un día apareceu na porta da clase una carta. Que sorpresa e que alegría! A carta era de Carrás que nos invitaba a visitar a biblioteca por primeira vez este curso. Encantounos todo o que vimos! A porta da entrada parece un piano. A árbore converteuse nun director de orquestra e todo estaba escuro pero había luces de cores e música. Carrás deixounos uns agasallos que nos gustaron moito: as carpetas para levar os libros do préstamo, un conto precioso e a mochila viaxeira
Neste mes, rematamos o proxecto anual das emocións que tiña como fío condutor o conto “O monstro de cores”. Pouco a pouco elaboramos este mural conxunto no que fumos proxectando as ideas relacionadas a cada emoción.
Como parte do proxecto “Transformando espazos” levamos a cabo unha plantación nunha das zonas do patio de infantil. Cada aula encargouse dunha delas e pouco a pouco poderemos ver como van medrando e dando os seus froitos.
Un ano máis desfrutamos do espectáculo de maxia grazas á ANPA. Encantounos!
Neste mes puidemos desfrutar da actividade de “Mestres lectores” con motivo do Día internacional do libro infantil e xuvenil. Os nosos contos foron “O principiño” e “O coelliño branco”. Moitas grazas profe R. e profe J.
Nun recuncho das nosas aulas atópanse pezas soltas, as que permiten que xs nenxs desenvolvan a súa creatividade, ao tratarse de composicións efímeras realizamos diferentes fotografías co resultado final, resaltando sempre que o importante é o proceso.
Continuando co traballo das emocións, coñecemos ao pintor Jackson Pollock, a partir do que practicamos a técnica de dripping, con gran acollida por parte do alumnado.
Para finalizar este mes, e con motivo do “Día do libro”, tivemos un encontro cxs nosxs padriños e madriñas arredor dun conto, intercambiamos un agasallo e compartimos un pequeno momento xuntos.
Este mes realizamos a nosa primeira excursión. Fomos ao Museo do Mar
onde descubrimos diferentes tesouros mariños e puidemos observar
os peixes no seu hábitat