O CIRCO CHEGOU A 3 ANOS

Continuando co proxecto de Frida Kahlo empapámonos de creatividade e fixemos a nosa “casa azul”, fogar e museo no que están as obras de Frida e onde agora expoñeremos as nosas creacións.

Celebramos o día de Rosalía “plantando pensamentos”, a súa planta favorita e valorando a importancia da literatura.

Experimentamos con diferentes xogos e novos materiais para a nosa mesa de luz.

Colaboramos con moita ilusión na producción do noso disfrace.

Ensaiamos diariamente para reprensentar o noso papel no circo: “os paiasos” e desfrutamos moito da festa do entroido!