Comezamos este novo curso e este trimestre con moita ilusión e con ganas de vivir novas experiencias e realizar novas aprendizaxes
Iniciamos o proxecto sobre o conto de ELMER, o elefante de retallos, símbolo da diversidade e da aceptación da diferenza. Ademais de facer fichas de lóxica, grafismos , mandalas, pintar con pincel …tamén decoramos as iniciais dos nosos nomes ao modo de Elmer. Quedáronnos superchulas!
Como xa chegou o outono fomos observar as árbores do patio e vimos como van cambiando as súas cores e recollemos follas. Ademais pintamos con cores de outono e decoramos a clase. Realizamos xogos matématicos de asociación cantidade e número, series coas follas e froitos de outono
Encantounos empezar a usar as tesoiras! . Fixemos distintas actividades de recortado para practicar e cada vez facémolo mellor!
Un día apareceu na porta da clase una carta. Que sorpresa e que alegría! A carta era de Carrás que nos invitaba a visitar a biblioteca por primeira vez este curso. Encantounos todo o que vimos! A porta da entrada parece un piano. A árbore converteuse nun director de orquestra e todo estaba escuro pero había luces de cores e música. Carrás deixounos uns agasallos que nos gustaron moito: as carpetas para levar os libros do préstamo, un conto precioso e a mochila viaxeira