Entramos no outono con moita ilusión,
creando proxectos que enchen os nosos corazóns.
As praias xa están limpas, a lúa xa a probamos
E agora con moitas ganas, ó espazo nos marchamos!
Este ano, comezamos 5 anos cun conto moi especial: “A que sabe a lúa”. Fixemos actividades sobre o conto con distintas técnicas, pasámolo fenomenal.
E cando chegou o outono, creamos o recanto con follas, castañas, abelás... facendo a nosa propia paisaxe de outono, xunto con grafismos e manualidades, ademais de saír ao exterior a xogar coas follas que caen das árbores do patio. Foi moi divertido!
Na clase, tamén xogamos cun material que nos encanta: as regretas. Fixemos carreiras, series, muros dos números...
E por fin fixemos unha saída!! Botámolas moito de menos, así que coas gañas que tíñamos deixamos a praia da Calzoa superlimpa.
Agora, tócanos desfrutar do Samaín e comezar a investigar todas esas dúbidas que temos acerca do universo. Xa vos iremos contando que descubrimos!