« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Plan de potenciación da lingua galega 2008-2009

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Carlos Casares está integrado por dez profesoras e profesores do centro que, en estreita coordenación co resto do profesorado, traballa para conseguir o obxectivo de que o noso alumnado, ó rematar a súa escolaridade no centro, teña acadado un nivel de competencia suficiente e equiparable nas dúas linguas de Galicia.

Dado que temos detectado que os nenos e nenas presentan un menor dominio do galego, desde o colexio temos a obriga de levar adiante actividades que potencien un uso correcto do mesmo. Por este motivo elaboramos e desenvolvemos o seguinte Plan de Potenciación da Lingua Galega, que se concretará nas seguintes actuacións:

§ Continuar poñendo o máximo esmero na utilización correcta do galego nos documentos administrativos, nas comunicacións internas do centro e naquelas dirixidas ás familias.

§ Colaborar activamente na posta en práctica do Plan Lector do Centro, e participar no Plan de Mellora da nosa Biblioteca Escolar.

§ Elaborar, en colaboración co equipo de actividades complementarias e extraescolares, murais para as aulas, os corredores e a entrada relativos ás distintas celebracións escolares do ano (magosto, nadal, día da paz, entroido, día do libro, día das letras galegas).

§ Organizar a 6ª festa de degustación de postres de outono.

§ Elaborar un almanaque do ano 2009 entre todo o alumnado do centro, fomentado o uso do galego mediante ditos e refráns.

§ Organizar o 5º Concurso de contos para fomentar a expresión escrita en lingua galega.

§ Organizar o 11º Concurso de cartel e lema para potenciar o uso da lingua galega.

§ Desenvolver a Planificación Sociolingüística do centro, marco no cal enmarcarnase os sucesivos proxectos Lingüísticos dos vindeiros cursos.

§ Coordenar a elaboración dun xornal escolar no mes de xuño con especial mención á celebración das letras galegas.

§ Organizar un mes cultural en torno ó día das letras galegas, con conferencias, charlas, exposicións ... e difundir entre o profesorado a unidade didáctica que recibiremos sobre Ramón Piñeiro, escritor homenaxeado este ano.

§ Elaborar un proxecto axustado á convocatoria da Consellería de Educación para obter a correspondente axuda económica que permita a posta en práctica do presente plan.