Skip to Content

San Martiño

San Martiño

A celebración é o 11 de novembro.
 
Unha das historias de San Martiño é a seguinte:
 
"San Martín de Tours naceu en en Hungría no ano 316 aínda que toda a súa educación recibiuna en Pavia (Italia).
Desde moi novo sentiuse atraído cara ao tema relixioso, pero aos 15 anos viuse  obrigado a entrar no exército, servindo a cabalo na garda imperial romana. É neste período cando xorde unha das historias máis belas e máis coñecidas do noso San Martiño. Un día de inverno moi frío, a tropa romana entrou na cidade francesa de Amiens. Alí, Martín atopa a un pobre espido que lle implora caridade, e non tendo moedas para darlle, Martín sacou a espada, cortou a capa que levaba polo medio e deulle a metade a aquel pobre home. Foi obxecto de burlas por parte dos seus compañeiros, pero a acción caritativa foi docemente recompensada, xa que a tradición conta que aquel mesmo día pola noite, viu en soños a Xesucristo que lle dicía: " Martín, hoxe cubríchesme co teu manto
 
Parece que en agradecimiento, existe o chamado " Veraniño de San Martiño", que permite capear os rigores do inverno por uns días.
 
A festividad de S.Martin, o 11 de novembro,  é celebrada en infinidade de pobos e cidades de Europa
 
Para moitos  este día marca o inicio do inverno, comeza a matanza do porco para poder abastecerse del todo o inverno, gardándose hoxe en día en grandes conxeladores, antes en artesas con sal.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut