Skip to Content

Persoeiras

Emilia Pardo Bazán

Durante todo este  ano 2021 estase a homenaxear a escritora galega Emilia Pardo Bazán no cine, teatro, nas aulas, en lecturas, actos oficiais, etc. Fai 100 anos do seu pasamento. Nós deixamos aquí un pequeno Brincaletras desta muller valente nunha época onde o patriarcado era abafador, xa que a muller estaba vetada en moitos campos, sobre todo nos profesionais e artísticos. Chegou a dicir: "Apenas poden os homes formarse unha idea do difícil que é para a muller adquirir cultura autodidacta e encher os claros da súa educación". Entre outras cousa, a muller estaba vetada para entrar na univesidade. Se queres ampliar coñecementos sobre E. Pardo Bazán, incluso ler algunhas das súas obras podes facelo na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Mulleres Galegas

Novembro mes da Ciencia en Galego

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Por outra banda, nos centros educativos os equipos de dinamización da lingua galega  traballan co seu alumnado en diferentes propostas  que se orientan a mostrar o valor da ciencia e da lingua galega para a súa creación e divulgación.  Ver recursos aportados polo noso centro e recollidos polo Portal da Lingua para esta celebración:  - Os volcáns  - A homenaxeada este ano 2021 (Jimena F. V.) - O Ártico rompe - Xincana botánico-cultural e árbores e plantas.

A HOMENAXEADA ESTE ANO 2021 É JIMENA F. DE LA VEGA

Ligazóns relacionadas: Ciencia en galego - Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares

Día da Ciencia en Galicia - 2021

A homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia  (8 de outbro) foi a xenetista Jimena García de la Vega.

Distribuir contido


by Dr. Radut