Skip to Content

Xogos

Bombilla

Apanda un (pandote) e outr@ fai de nai (primeiro da fila). O pandote dille a nai en segredo o tema que elixiu e o nome que escolleu para que os compañeiros perdan se din esa palabra. Exemplo: O pandote di, nomes de animais e escolle o cabalo. Este nome só o sabe el e a nai.

Cadeira da raíña

Grupos de tres. Dous levan a outro/a entrelanzo as mans. Fanse relevos onde todos teñen que ir unha vez, polo menos sentados nos brazos dos outros/as. Ver variante

Zorregada co xornal

Todas as persoas están en círculo , agás unha que dará voltas ao seu redor, levando un xornal dobrado na súa man. Cando queira deixarao detrás dalguén e correrá par dar tres voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes no cu co xornal do compañeiro que o persegue. Unha vez que comeza a carreira  non se pode cambiar o sentido da mesma. Ver en enredos

A roda / Bombilla / Campana

Márcase a roda (numeros no debuxo)  na zona base de tiros a canastra. Establécense as quendas. O primeiro xogador lanzará desde a primeira marca lateral da zona (1) . Antes de empezar, hai que acordar a forma de finalizar o xogo e se existe ou non a opción de “Arriscarse”. Se se xoga con esta opción, un xogador que acaba de fallar o seu tiro, pode tomar a decisión de arriesgarse e volver tirar.

Xogo -Tirafungueiro

O xogo da bugalliña

- Clica  se queres ver o vídeo 

 - Ver regras

Xogos no peto

 Unha aplicación para móbiles, pioneira no mundo, sobre os xogos tradicionais galegos. Ler artigo na Revista Galega de Educación.   

  - Entrar na aplicación

Adiviña a palabra con "Wordle"

  Chega ao galego "Wordle". Un xogo dixital para adiviñar palabras en aberto na rede. Só se pode buscar un palabra por día.

Desenrolo:

-Escríbese unha palabra de 5 letras en galego e logo dámoslle a "Intro" (Enter).

- As letras que saian en verde están ben colocadas, en amarelo están na palabra pero non no seu sitio. En gris, son letras que non están na palabra. Hai seis intentos para descubrila.

Versión en galego creada por Abraham Martínez Gracia. Ligazóns relacionadas: Facer o mesmo xogo en portugues. - Idem en inglés  - En español. Este xogo atópase nesta páxina web na Etiqueta "Xogos Educativos".

Como facer un papaventos

Este luns, o alumnado de 5º  comezará a facer uns papaventos caseiros parecidos ó deste video que aquí se amosa.

App para o Proxecto "Xogos Tradicionais Galegos"

O día  11-11-2021, foi un día máis, dos  de San Martiño ...

Distribuir contido


by Dr. Radut