2020 - San Silvestre
Organizada polo Concello polo clube de Atletismo "Sociedade Gimnástica de Pontevedra" (SGP)
Hai 10 circuitos repartidos por toda a cidade. É máis doado e divertido facelo sempre acompañado.
Cada vez que fagas un circuíto ou varios podes rexistralo/s na páxina web da SGP. No caso de ser alumno/a da escola tamén o podes rexistrar, dentro da Aula Virtual ou en Edixgal nunha "Tarefa" voluntaria que hai no tema "Carreiras", contestando a estas preguntas:
1- Que circuíto/s fixeches? 2- Canto tempo tardaches en facelo/s? 3- Como o fixeches? En bici, andando ... ? 4- Podes enviar algunha foto facendo o evento?
Podes facer os circuitos que queiras e cando queiras, camiñando, correndo, en bici, cadeira de rodas ou en calquera outro medio activo - Para contestar na páxina da SGP tes que rexistrarte na súa web. Ver fotos.