DENEP (Día Escolar da Non violencia E a Paz)
O DENEP (Día Escolar da Non-violencia E a Paz) é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal como punto de partída e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente; practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi. Nos países nos que o 30 de xaneiro coincide con período de vacacións pódese practícar o 30 de marzo ou algún dos días próximos.
Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o DENEP levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.
HIMNO DENEP : Irmáns das estrelas, letra de Llorenç Vidal e música de Andreu Bennàssar. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martín Goenaga Irastorza, unha en interlingua feita por Waldson Pinheiro e unha en galaico-portugués.
O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" , que é difundido internacionalmente, é unha actividade pedagóxica que pode ser aplicada por centros educativos dos distintos niveis, profesores e estudantes de todas as crenzas e ideoloxías que respecten os dereitos humanos. En valenciano-catalán dise: DENIP (Dia Escolar de la No-violència I la Pau). En castelán DENYP (Día Escolar de la No-violencia Y la Paz). En galego: DENEP.
- Proba a facer esta actividade para coñecer ben o DENEP - Artigo relacionado