2009/10 - Saída a Porto - Colégio Nossa Senhora de Lourdes
- Saídas |
- Lembranzas |
- 2009-10
O noso colexio participou, este 16 de abril de 2010, nos "I Jogos San Telmo" no Campo do Viso, en Porto, Portugal. Os equipos participantes foron: - Junta de Freguesía de Massarelos - Colégio Nossa Senhora de Lourdes - - Escola Gomes Teixeira - CEIP Campolongo. Os xogos que se fixeron foron: - Futebol de 7 - O jogo da Mata - Xadrez
- Estaba previsto facer tamén bádminton pero non se fixo por falta de infraestructura, e por que non tiñamos moito tempo. O campo era de relva sintética (relva: camada de erva rasteira). No jogo da mata, o que nós chamamos cemiteiro, eles chámanlle piolho. Como moitos xogos, estes teñen as súas variantes, por exemplo esta, Jogo da mata con tres piolhos. O almoço (refeiçao do fin da mañá) foi un piquenique (refeiçao ao ar livre, no campo). (Refeiçao: conjunto de alimentos que se toman a certas horas). A organizaçao forneceu, durante os jogos, águas e sumos. A entrega de premios foi na Freguesia (subdivisäo de um concelho como intuito -obxectivo- administrativo) de Masasarelos (Porto). Ver Fegresías de Portugal. Antes fixemos un pequeno percorrido no noso "autocarro" por Porto, pola ribeira do Douro, vendo as barcaças, o barco rabelo, o tranvia eléctrico, as grandes bodegas, o casco vello (patrimonio da humanidade), a Ponte de Arrábida, O Palacio da Bolsa, o Palacio de Cristal. Estaba programado dar un paseo máis longo, pero entre que era tarde e que tivemos un pequeno incidente co autobús, pois non daba subido unha das costas adoquinadas da cidade, pois non puidemos saborear un dos pratos típicos de Porto, a Francesinha. Outro é o famoso "Tripas à moda do Porto". Tódalas turmas (grupos, equipas) o pasaron moi ben. Tódos eran de 5º agás os nosos que eran de 4º de primaria. Iso notouse nos partidos, pero a pesar diso, trouxemos dúas medallistas en xadrez, Amalia e Lucía Ferrer Doporto, primeiro e terceiro posto. Xa podemos dicir que temos dúas campionas internacionais. Non si? Noraboa a todos, e especial a estas dúas finalistas. Grazas ó galego puidemos manter unhas relacións comunicativas e de convivencia axeitadas . Notouse, iso si, a falta de oralidade galega para unha mellor e máis rápida comunicación entre os nosos veciñós portugueses. Se tes algunha dúbida coas palabras portuguesas poden consultar no Dicionario de Portugués (Está tamén nos nosos recomendados)