1991/92 - Protesta do Claustro pola usurpación do patio escolar para facer un polideportivo
Dende 1990 até 1992, máis ou menos, xerouse un dos acontecementos máis conflictivos do centro, por non dicir o máis. Unha escola creada para 16 unidades, que tiña naquel momento 27, con máis de 900 alumnos, queda de repente sen un dos pátios da escola. Foron moitas as protestas e o conflito chegou incluso a situacións de resolución xudicial porque pais/nais chegaron a paralizar as obras. Todo comezou coa 1ª idea que acordaron outras administracións sen consultar co claustro do colexio. Quíxose facer 1º un Centro de Alto Rendemento de Tenis. Logo pasaría a un Polideportivo (que rematou pasando á Xunqueira), para logo rematar no actual Complexo Polideportivo de Campolongo.
Deixamos aquí o Escrito do Claustro e o un PDF con toda a información recollida dos recortes de prensa daqueles anos. Ver pormeses na galería de imaxes
Anexo | Tamaño |
---|---|
Escrito-Profesores.pdf | 7.67 MB |
Conflicto-Patio-CEIP-Campolongo-ECOS-DE-PRENSA.pdf | 210.92 MB |