1974- Entrevista ao 1º Presidente da Asociación de pais do Colexio Nacional de Campolongo
Das declaracións do primeiro presidente da Asociación de Pais do colexio de Campolongo, Juán Díaz Lema, deducimos varias das problemáticas que tivo o noso centro nos seus inicios. A entrevista está datada en xuño de 1975. Quizais o máis importante, foi o da inesestabilidade do profesorado. Un dos comentarios sorprendentes é o de falar con diferentes claustros, xa que nese curso escolar 1974/75 en febreiro renovouse o 85% do profesorado. Parece ser que non se tivo para nada en conta o de ser centro piloto ou tamén chamado de Réxime Especial. O profesorado era elixido pola Delegación de Pontevedra sen ter en conta as recomendacións do I.C.E. da Universidade de Santiago de Compostela. Na parte final da entrevista, Juán Diaz Lema, remata con humor dicindo que enviaron un escrito ao Ministro de Educación para que intervira no problema do profesorado, "a fin de que no se confunda nuestro centro con una Academia de Aviación Civil por ser Centro Piloto y tener profesorado volante".
Outros temas tratados na entrevista son: - creación da Escola de Pais xunto con outras asociacións doutros centros escolares, pensando nunha educación permanente dos adultos.
- Programación previstas. Dentro destas destacamos a da invitación do Gobernador Militar para ir presenciar unha Xura da bandeira no Cuartel de Figueirido.
Artigo relacionado por ser de 1975. "Los profesores de EGB del colegio Campolongo apoyan a la enlaces-base de Asociación de Profesorado.
Anexo | Tamaño |
---|---|
1975-Diaz Lema-sublinhado.pdf | 4.24 MB |
1975-Asociacion-profesores-enlace-base.pdf | 2.64 MB |