1973/74 - Festival fin de curso no primero ano escolar
Neste recorte de prensa podemos ver primeiro a primeira denonimación que tivo o colexio : Colexio Nacional de Campolongo. Que a 1ª directora foi Mª Jesús García Sánchez. Que había máis de 600 alumnos. Nas primeiras actas non consta que houbera ese ano 8º de EGB. Neste primeiro ano fala de que tiña sobre 600 alumnos de ambos sexos (nas actas cóntanse 608). Foi naquela época cando se comezou a facer aulas mixtas. Até despois da morte do Franco, máis ou menos, os institutos eran masculinos ou femininos.
Curiosamente o festival non se fixo no propio colexio senón que foi no Santiago Apostol (colexio de cegos de Pontevedra).
Daquela a E. Física aínda non era considerada unha matería obrigatoria e recurríase a contratos temporais de diferentes especialistas , quizais tamén por ser un centro piloto durante os primeiros anos. Comentamos isto porque lemos no artigo que interviron no festival un grupo de ballet dirixido por Jovita Iglesias e Austín Benthancourt. Outras actividades foron in Teatro de guiñol, unhas exposicións de traballos do alumnado e unhas xornadas deportivas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
1974-sublinhada.pdf | 3.11 MB |