Skip to Content

2009/10 - Xornadas de Xadrez na Rúa - Curso 2009/10

    Xadrez na Rúa   Nace a iniciativa na nosa escola por acordo do  director José Carlos, e o profesor de E. Física "Nito".  Mantívose como actividade anual até o inicio da pandemia do Covid-19 (2021).  Xa veremos como segue non vindeiros anos.

Xurdiu porque  o director  quixo aproveitar esta actividade que se estaba a facer en E. Física para darlle  publicidade.  Sempre foi un recurso en E. Física  que se tiña e ten  para os días de mal tempo, xa que neste centro  os espazos de xogo eran complicados  con tres profesores de E. Física .  O conto foi que se quixo promocionar e falouse con outros mestres que utilizaran este recurso.  Para  darlle boa publicidade decidiuse facelo na rúa, na Praza da Liberdade. E así foi, conseguíronse trofeos, camisetas, viseiras ... Colaborou a deputación e o concello, e  actividade propiamente dita,  foi organizada  polos mestres: Arturo do CEIP A Xunqueira I,   Victoriano do CEIP Villaverde e Nito do CEIP Campolongo . Participou tamén  na xornada a directora do CEIP Froebel, o colexio San Xosé  e o clube de Xadrez de Pontevedra. Este útimo faríase cargo nos seguintes anos do evento por ter boa infrastructura para facelo na carpa que monta para  unha xornada oficial de campionatos galegos. Os venres faise o Xadrez na rúa e o sábado fan eles o seu campionato. Nun principio a idea era facer a xornada cada ano nunha praza de Pontevedra.  Curiosamente ese ano levouse esta experiencia a Lleida para compartir coas Escolas Asociadas Unesco. Ver presentaciónVer fotos.

Outros anos:  - 2014 - 2015 - 2016 - 2017 2018  - 2019 -



page | by Dr. Radut