Os contos de Lourdes Justo Adán
Neste curso 2021-22 estivo connosco como Orientadora do centro, a compañeira Lourdes Justo Adán. Por circunstancias que non veñen ao caso, o ano que vén estará noutro centro educativo de Pontevedra. Deixamos aquí, como unha pequena homenaxe, a súa biografia educativa e literaria, coas súas publicacións para aqueles que lles poida interesar.
Vive en Pontevedra. Mestra especialista en Educación Infantil, Educación Primaria e Pedagoxía Terapéutica. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Leva máis de 25 anos no ensino. Sempre mostrou gran interese pola lectura e, posteriormente, pola escritura, o que a levou a asistir, hai uns anos, a diversos talleres de escritura. Desde entón, o que comezou como unha afección, foise convertendo nunha necesidade tan vital como creativa. Publicou os microrrelatos “In memoriam” na antoloxía “O Legado de Gabo” (Ollos Verdes Edicións, 2016) e “Toc, toc, toc” na antoloxía “Pluma, tinta y papel” (Ed. Diversidad Literaria, 2022). Álbum ilustrado “El collar de Borlita” (Ed. Círculo Rojo, 2022). Obtivo o terceiro premio no IX certame organizado pola Escola oficial de idiomas de Pontevedra (2018) co microrrelato “A danza dos vagalumes” . Adentrouse na literatura infantil co seu primeiro álbum ilustrado titulado “Algo moi valioso” (Editorial Círculo Rojo, 2019).
Engadimos que deixou no blog de orientación do noso centro, creado por ela, algunhas recomendacións de lecturas de libros nos diferentes meses do curso.
Anexo | Tamaño |
---|---|
lourdes-vagalumes.jpg | 304.9 KB |