Informe AL085-Alumnado xogade.

Neste informe sairá só aquel alumnado que teña marcado que si na ruta :

Alumnado->Datos xerais -> Outros datos do alumnado -> Autoriza a saír no informe Xogade -> Si

A autorización para saír no informe Xogade debe ser o documento elaborado pola Consellería de Educación que se achega neste correo e que terán tamén á súa disposición na lapela Inicio da aplicación de inscricións de Xogade. Este modelo de autorización deberá ser individualizado por cada centro educativo.

Na próxima tempada poderán incorporar con este informe ao alumnado que vaia participar en Xogade a través da carga masiva na primeira actividade na que participen. A partir de aí xa poderán crear os equipos e vincular aos deportistas no resto de modalidades.

Lembren que deben subir só ao alumnado que vai participar na actividade.

Deberán completar nese informe as columnas de datos de Nome do equipo (un distinto por categoría e subcategoría en cada modalidade) e Subcategoría do Equipo (F para feminino, M para masculino e X para mixto).

Recomendamos que entreguen a autorización coa documentación da matrícula e que se non saben aínda en que modalidades van participar poñan "Actividade Deportiva Escolar".