O Maio na Prensa
Diario de Pontevedra: ... A retranca continuou neste popular evento grazas á intervención do CEP Campolongo, que xa no seu maio advertía de por onde ían a ir os tiros, ao construir un eólico na parte superior da estrutura."A temática deste ano son os eólicos. O lema simpático que lle puxemos foi PEG, de Procesionaria Eólica Galega, para denunciar que se están poñendo moitos muíños sen control. Estamos a favor da enerxía eólica pero controlada", sinalaba o mestre de Educación Física do colexio pontevedrés, Antonio Ferrer.
"Nesta festa, en Pontevedra é tradición felicitar e agradecer pero tamén criticar aquelas cousas actuais que vemos que non están ben e que poden mellorar", engadía.
Na súa cantiga trataban tamén temas como o peche de Raíña Vitoria, o mercado ambulante que "ou estoura ou reventa" ou o cambio de goberno na Deputación.
"No convento de Santa Clara fai falta auga bendita porque a nova Deputación trae no peto dinamita", cantaban os rapaces