2020/21 -Multiplica Igualdade, dividirás Violencia - 1º Premio "Lemas contra a violencia de xénero"
Os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Campolongo (actualmente de 6º) de Pontevedra -co slogan 'Multiplica a igualdade, dividirás violencia'- e os de 1º de Bacharelato do IES plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda -con 'Dobreguemos a culpa da violencia de xénero'- resultaron vencedores nas súas respectivas categorías.
No acto, que se desenvolveu en liña en conexión cos centros participantes, recoñeceuse ademais o traballo dos segundos e terceiros premiados no certame, no que participaron máis dun centenar de centros, que presentaron un total de 140 lemas.Na primeira categoría, a dos mozos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO, quedou en segundo posto a frase dos alumnos de 6º do CEIP plurilingüe de Ames -'Se me controlas, non me molas'- e, en terceiro lugar, estudantes de 2º de ESO do IES Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela co lema: 'Aposta polo bo trato e desfaiche dos malos tratos'.
Na segunda categoría, dirixida a mozas de 3º e 4º de ESO, de Bacharelato e de Formación profesional básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior; o xurado recoñeceu o traballo de 1º do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do IES plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda (2º posto) por 'Edúcame en igualdade e seremos libres'; e o do alumnado de 2º do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Portovello de Ourense, pola súa frase: 'A violencia m repulsa, a igualdade impúlsame'. Ver fotos da entrega de premios ó alumnado na escola.