Skip to Content

2018/19 - VII Certame de Relato Curto - Galefas

No VII certame de Relato Curto promovido pola FANPA temos un finalista do CEP Campolongo na categoría de adultos o denonimado `Galefas´ do mestre Nito (Antonio Ferrer Moreira). 

Conto: Galefas revive unha nova xeira e acorda cunha esperanzadora ilusión. Non era sen tempo, entre outras merendas, xa lle estaba a pesar a reuma, a presbicia e a parasimpática ciática. Sería esta ilusión causa da confluencia do ano do porco chinés coa descuberta da cara oculta da Lúa? Ou quizais a do cambio climático coa do dereito de autodeterminación e a supervi-vencia dos pobos? Ou mais ben por andar ás avesas dos improperios de novos xerifaltes, mentes excéntricas, deste misterioso e exuberante planeta? El non gustaba do desleixo, nin da bulimia do tempo que fecundaba ani-mais extintos e asolagaba miles de verbas no universo. Algo había que facer, as crianzas non tiñan culpa da mecánica parasitaria que envolvía os seus ancestrais, o potencial estaba na semente volúbel dos cativos. A fórmula era o sorriso e a paixón, as dúas pariron a Galefas, neofalantes que, acom-pañados de simbólicos animais, inundan o espazo da sementeira na escola da Estación Vella, noutrora campo longo. Golfiños, Esquíos e Vagalumes descansan, cada un no seu patamal, coa súa atmosfera pouco osixenada, para logo, se as forzas o permiten, camiñar entre chanzos tentando for-necer os pulmóns e chegaren á meta da normalización sobrevivindo con aire contaminado nun mundo máis xusto e respectuoso. Nesta singradura destacan heroínas que debullan palabras que semellaban antes estar prestas a hibernar no museo das curiosidades. Pequenas doncelas rosalianas que manteñen na inercia inmaturos abázcaros e que operculan a capa de ozono para que os Galefas teñan Mil Primaveras Máis. Non é doado, velutinas da semántica zoando non acreditan na diversidade, mais na fronte está a beldade e a afouteza dunha obra de arte milenaria.

 Ver  no libro (páxina 64).  Artigo relacionado: O pacto nupcial (III Certame de relato curto - 2013/14) - Ver imaxes na Galería



page | by Dr. Radut