Este ano levamos a cabo o tradicional festival de Nadal ao que foron convidadas as familias e no que tivemos
unha gran variedade de actuacións: obras de teatro, panxoliñas, recitación de poemas, actividades rítmicas, etc.
- Representación da panxoliña “Buscando unha estrela” por parte do alumnado de educación infantil.
- Obra de teatro “Xuntos Podemos” escenificada por alumnado de infantil e primaria pertencente ao grupo
de teatro do noso centro.
- Clap Clap Song ( Alumnado de 1º e 2º de educación primaria).
- Recitación de poemas: “O canto nocturno do grilo” e “A xoaniña e o escarabello” por parte dun alumno de
1º educación primaria e unha alumna de 3º educación primaria.
- A Bandeneire (3º de educación primaria)
- Obra de teatro “ A mellor sopa deste Nadal” (adaptación do conto “A mellor sopa do mundo”)
representada polo alumnado de 2º de educación primaria.
- Ségueme (4º de educación primaria)
- Adianto do Rei León: representación rítmica por parte do alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
- Santa Claus is coming (todo o alumnado de educación infantil e primaria).
- A vida está por comezar: 4º educación primaria.