PVAD

Día da Educación Física na Rúa

Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental.

A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.

 

                 

 

 

Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!! Sorriso

 

                   

 

 Saímos na prensa Guiño

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                 

 

 

Tags: PLAN PROXECTA, PVAD, Educación física

Multixogo 1º e 2º E.P.

O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE.

Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos:

- Zona de habilidades motrices con circuítos.

- Zona de lanzamentos e golpeos.

- Zona de saltos.

- Zona de xogos populares.

- Zona de xogo en grupo.

- Zona de habilidades con balóns e pelotas.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis! Sorriso

 

                                              

 

 

 

 

         

 

Tags: PLAN PROXECTA, PVAD, Xogade, Educación física

Coreos no recreo

Voltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de aprender, de traballar, de falar cos compañeiros/as ... pero tamén de BAILAR! Aproveitamos que agora na aula de Psicomotricidade dispoñemos dunha pantalla dixital para proxectar, os martes e xoves nos recreos, coreografías e bailalas. Esta primeira semana bailamos as cancións de "Limbo" e "Acróstico". Qué nos deparará a próxima semana?

A mover o esqueleto! RisaRisaRisa

 

                                            

Tags: PVAD, Educación física

Chegou o Magosto!

Case sen tempo de recuperarnos do Samaín, celebramos este venres 10 de novembro o Magosto. E se falamos do Magosto, temos que falar de castañas e dos xogos populares. Así mesmo, organizamos todos xuntos unha xornada de xogos tradicionais. Dividímonos en 7 grupos, 2 de Ed. Infantil e 5 de Primaria e fixemos 7 estacións para 7 xogos populares: a chave, a culler, os bolos, a raia, carreira de sacos, o ferrón e a comba.

Cada grupo, dispoñia duns 10-15 min para xogar a cada xogo popular; cando se dicía cambio, todos cambiamos para pasar ao seguinte xogo. Traballamos os lanzamentos, a axilidade, os saltos e sobre todo o compañeirismo e a cooperación. Xornada deportiva, xornada divertida! E para rematar e recuperar forzas, comemos as castañaaaas!Risa

 

Tags: PVAD, Educación física

Coreografía de Samaín 2023-2024

O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Sorriso Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile.

No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben! Risa

 

                                          

 

 

Tags: Móvete +, PVAD, Educación física

O Ping Pong chegou a Codeseda

O venres 20 de outubro tivemos outra xornada deportiva no centro. Esta vez para realizar unha sesión de tenis de mesa co Club Tenis de Mesa Top Spin, de A Estrada. O Club facilitounos, semanas atrás, dúas mesas de ping pong, polo que xa puidemos realizar partidos, iniciándonos neste deporte antes desta visita.

 

Nesta xornada, por cursos, realizamos un adestramento moi completo e individualizado, xa que grazas a Rosa e Ramón, técnicos do Club, puidemos aprender a cómo agarrar a pala, cómo golpear de dereita e revés ... Tamén contamos cun robot lanzapelotas polo que aproveitamos a sesión ao máximo. Moitas grazas pola vosa visita, pasámolo xenial! RisaRisa
                             

                                            

Tags: PVAD, Educación física