Xuño 2017Valores no DeporteO alumnado de 3º e 4º decorou estos carteis sobre distintos valores do deporte, logo expuxémolos nas escaleiras que dan acceso as aulas. ( categories: )
Educación VialDentro do PDC decidimos iniciar ao alumnado de infantil na Educación Vial. Preparamos un divertido xogo no que simulaban distintos papeis: vehículos, peóns, policías, etc. Foi un primaira introdución que resultou moi satisfactoria. ( categories: )
XOGOS POPULARESPara traballar os xogos populares galegos, os nenos e nenas de 5º e 6º curso prepararon varias sesións para os alumnos/as de infantil. Esta actividade tivo tres fases : _ Búsqueda de información. _ Práctica dos xogos e creación do material preciso con elementos de refugallo. _ Explicación e posta en práctica nos recreos. ( categories: )
LOITA OLÍMPICAO Clube Keltoi de Vila de Cruces achegouse ao noso centro para darnos a coñecer algunhas caracterísitcas deste deporte. Puidemos realizar distintos xogos que despois nos serviron para participar por equipos no CEIP Pérez Viondi. Aquí tedes algunhas fotos do día que viñeron a Codeseda.
A continuación vedes as probas o día que competimos co Ceip Pérez Viondi de A Estrada ( categories: )
ATLETISMO EN PISTAO atletismo é un deporte que inclúe moitas modalidades. É por iso que permite ao praticantes experimentar distantas probas para avaliar o seu rendemento. Nós estivemos, un ano máis, nas pistas de Cuntis para participar nas probas de 4x60m (relevos), 60 m lisos, lanzamento de peso e vórtex, salto de lonxitude e 500 m. Acudimos con dous equipos que competiron contra outros colexios da contorna. Deixámosvos unha mostra das actividades.
( categories: )
Sobre rodasXa sabemos da importancia de traballar as habilidades motrices básicas na Primaria. Do mesmo xeito, nos últimos anos estase a observar un aumento do sedentarismo na poboación infantil. E por iso que decidimos realizar varias sesións na que o alumnado trouxo todo tipo de patíns. ( categories: )
Bádminton escolarEnviado por Anónimo o Xov, 01/06/2017 - 13:21
Como colofón ao Torneo que levamos a cabo durante os recreos de xaneiro e febreiro, decidimos participar nesta actividade organizada polos compañeiros de A Estrada. Desprazámos 5 alumnos de cada categoría e modalidade: alevín/ benxamín, maculino/feminino. ( categories: )
|