Outubro 2018

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR_ PDC- XOGADE

O 28 de Setembro celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar.

Comezamos a xornada con unha coreografía de aeróbic.

Continuamos realizando varias actividades relacionadas co atletismo.

Terminamos creando un debuxo sobre a actividade que máis nos gustou.

PRIMEIRO DÍA DE CLASE_ Curso 2018-2019

No primeiro día de clase, para comezar con enerxía, realizamos algúns xogos incluídos xogos cooperativos con paracaídas. Tamén tivemos a visita dun personaxe moi especial, "Paco Nogueiras" con quen nos divertimos bailando e cantando.