RETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA

 

Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.

 

1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44

 

 

2º Temos que facer o ritmo  correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha  raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes

 

Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0  Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.


Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.

 

 

AUDIO PARTE A

 

 

3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8

 

 

INFORMACIÓN

"Muiñeira de Pontesampaio"

 

Grupo MILLADOIRO

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:

https://milladoiro.gal/

 

 

 

Saúdos, saúde e moito ánimo!!!

 

Irene e Carmen.

 

 

Tags: EU FICO NA CASA, Presentación, VIDA ACTIVA, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, MÚSICA, Educación física