RETO 3º e 4º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/O1bzuFFUq44
2º Temos que facer o ritmo correspondente á parte A da Muiñeira de Pontesampaio, que aprendemos a semana pasada. Para isto precisamos unha raqueta e unha pelota. Mirade o vídeo para entender mellor a actividade: https://youtu.be/tmYHBFJtIes
Escoitade varias veces o audio antes de comezar a practicar. https://www.dropbox.com/s/yaekgnbg8tqixc0/AUD-20200415-WA0009.mp3?dl=0 Hai unha introdución de 8 pulsos antes de empezar a realizar a actividade.
Tedes ata o 23 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene. Se aínda non o tes, pídelle o correo a túa titora.
AUDIO PARTE A
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/yKDnOyKvzg8
INFORMACIÓN
"Muiñeira de Pontesampaio"
Grupo MILLADOIRO
Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.
Para máis información do grupo e ver algún vídeo visita a páxina:
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.