Educación Física

MANTENDO AS TRADICIÓNS

Queda unha semana para rematar este atípico curso. Con todo pensó que hai tradicións que se deben manter. Así, agás os de primeiro, sabedes que as sesións da derradeira semana do curso eran de xogo libre. Tamén, o que prefira pode escoller algunha das actividades suxeridas nas sete propostas que vos acheguei.

Unha aperta a todos e o desexo de que en setembro volva a normalidade.

COMEZA A LIGA …

 

Nós tamén traballamos co pé !

Para rematar coa pelota, logo de traballar coas mans, repasaremos a coordinación óculo-pé: control, pase e condución.

  • Deixo caer a pelota das mans, golpeo co empeine e volvo collela coas mans. Si é moi dificil podo deixala botar no chan antes de pateala.                                      Debo traballar cos dous pés (empezar co dominante).
  • Por parellas pases / recepcións co pé. Para pasar empregar o "interior" e para recibir podo facelo tamén co interior ou, os máis expertos, pisar o balón.              Si non teño parella podo facelo tamen contra unha parede.
  • Un nivel superior do anterior sería pasarse todo seguido, a un só toque, sin parar o balón.
  • Xogos para practicar o control e o pase: toques co balón, rondos (mínimo tres persoas)...
  • Conducións: empregando un pé, os dous ... Ida e volta, zig-zag ... Intentando facelo máis rápido cada vez.

Si xa tedes moita práctica co pé, podedes aproveitar para exercitarvos coa cabeza. Recordade que, en realidade, o balón se golpea coa fronte.

  • Lanzo o balón ao aire, golpeo coa cabeza e volvo a collelo coas mans. Intento dar dous toques, tres ... e logo teño que collelo coas mans.
  • Por parellas: paso coa cabeza ás mans do compañeiro / envío coas mans e o compañeiro devolve coa cabeza.                                                                        Os máis hábiles poden tentar dar toques coa cabeza, entre eles ou contra unha parede.

Esta proposta de exercicios, como sempre, podedes variala e complicala todo o que queirades.

Ánimo e coidarse ! Espero os vosos vídeos ou fotografías (arotero@edu.xunta.es).

 

CONTINUAMOS CO BALÓN !

Imos practicar o pase e a recepción. Como sempre, do máis sinxelo ao máis complexo, para que calquera disfrute e progrese co exercicio.

► Pase / recepción con dúas mans.

► Pase / recepción cunha man. Empezamos coa man dominante e logo coa outra. Tanto neste exercicio como no anterior, ao principio, sobre todo os e as máis pequenos e pequenas, podedes axudarvos do corpo.

O ideal sería practicar con outra persoa (nai, pai, irmán…). De non ser posible podédelo facer sós e soas (lanzando a pelota ao aire, contra unha parede…)

Para finalizar facer lanzamentos coa pelota (cunha man, con outra, coas dúas). Con cal chegades máis lonxe? Tamén tedes a posibilidade de facer algún xogo que traballe o lanzamento e a recepción dos moitos que fixemos na clase.

Está xa é a 6ª proposta que vos fago chegar. Non teño dúbida de que estades a traballar moito. Os e as que queirades, podedes enviar ao meu correo (arotero@edu.xunta.es) algunha foto ou vídeo curto ( < 1 minuto ) facendo algunha das actividades físicas, xogos, retos… suxeridos nesta área.

Ánimo e coidarse !

EXERCITARSE CON BALÓN !

Hoxe propoño practicar a habilidade do bote. Podemos usar calquera pelota/balón que teña un bote axeitado. A proposta vai graduada de menor a maior dificultade para que cada quen, segundo o seu nivel, escolla a que mellor se lle adapte.

1. Bote coa man dominante/coa outra.

2. Bote en desprazamento (andando, correndo, zig-zag)

3. Circuitos con distintas dificultades. Procuramos facelo cada vez en menos tempo, mellorando no control en velocidade.

4. Progreso no control do balón, introducindo o bote entre as pernas, pola espalda…

5. Xogos con bote. Na clase fixemos varios, de distinto nivel e dificultade. Podedes adaptalos e inventar outros.

Ánimo e coidarse !

SEGUIMOS A MOVERNOS !

Estimadas familias e alumn@s:

 

Que tal? Agora que xa levades algúns días podendo saír, seguro que facedes moito exercicio: camiñar, correr, saltar… Actividades moi limitadas na casa.

Ahí van unhas propostas para repasar e exercitarvos. Podedes adaptalas segundo o voso interese.

 

Para 1º e 2º

Recomendo repasar o esquema corporal: partes do corpo e principais articulacións. Ademais de coñecelas, hai que movelas! Cantos movementos me permite cada unha? Tamén intentade discriminar esquerda e dereita en cada un de vós. Os de 2º podedes facelo noutra persoa (irmán, nai, pai…).Esta ligazón pode axudarvos  https://youtu.be/ppUnmAvLhwE

 

Para 3º e 4º

Os que contedes con aros e cordas, como xa podedes saír, practicar saltar á corda, rodar e bailar os aros… Tamén Podedes,  aproveitando as saídas, sobre todo os de 4º traballar algo a resistencia aeróbica andando a bo paso entre 10/12 minutos.

 

Para 5º e 6º

Algúns estabades esperando con moito interese unha das actividades desta última avaliación: a saída á muralla para mellorar a resistencia aeróbica. Podedes facelo se queredes. Non ten porque ser na muralla. Andar 2km aproximadamente a bo ritmo. Tamén podedes correr entre 1/1,5 km. Cada un ao seu ritmo. Procurade non parar!

 

Para tod@s

Nesta ligazón atoparedes actividades e xogos de equilibrio para distintas idades.      https://youtu.be/lQ66r28svyU 

 

De ter algunha dúbida, comentario ou necesitar calquera aclaración podedes dirixirvos ao enderezo arotero@edu.xunta.es

Dou por suposto que estades a traballar todo o materialmente posible.

Moito ánimo!

LA MANZANA SALUDABLE

Hola a todos y todas! He creado este juego virtual para todos vosotros y vosotras.

Considero que la actividad física y los estiramientos son parte importante en nuestros días.Está inspirado en la tradicional oca conocida por todos y todas pero con variaciones para convertirlo en un juego de movimiento y no tan estático como lo es la oca tradicional.

Si tenéis alguna duda o algo no funciona,contactar conmigo en laraveiga@edu.xunta.es, gracias.

Solo tenéis que poner pantalla completa en el icono de las flechas de la esquina inferior derecha y empezar a jugar! :)

Si pulsáis en ¿CÓMO JUGAR? accederéis a la explicación y reglas.

Espero que lo paséis genial :)


 

MÓVETE !

 

Nestres tres enlaces atoparedes vídeos para traballar a velocidade de reacción, a forza-resistencia e, no último, os estiramentos.

 

https://youtu.be/RFIrNBUJwQo  (velocidade de reacción)

https://youtu.be/_O9e4ji3ol8  (forza-resistencia)

https://youtu.be/msTPZniCgR8  (estiramentos)

Ánimo e coidarse !   Xa queda menos !

RETO EDUCACIÓN FÍSICA

 Varios colexios públicos de Lugo están levando a cabo a seguinte proposta que partiu das compañeiras do CEIP de PARADAI.

Parécenos interesante, pois enmárcase nunha Educación Física saudale e sostible, e sumámonos a ela.

Ánimo e coidarse!

Parece que xa queda menos!

 

 

 


 

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA

Para facer máis levadeira esta corentena no fogar e seguir aprendendo podedes aproveitar os recursos que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

Dende a área de Ed. Física recoméndovos que realicedes, na medida do posible, actividade física diariamente. Tede en conta que moitas veces non precisamos moito material; só vontade, imaxinación e ganas…

Sería fantástico que fosedes quen crearades os xogos de maneira libre tendo en conta os vosos gustos. Podedes cambiar as normas en función do espacio e material que teñades. Tamén vos poden axudar os vosos pais, irmáns maiores…

A “bote” pronto ocórrenseme algúns válidos para tódalas idades: bolos (con botellas de plástico e unha pelota de tenis); baloncesto (cunha papeleira, cubo e pelotas de papel ou tenis de mesa); volei-globo (con globos)…

Botarlle imaxinación !

Na rede hai unha morea de páxinas web nas que podedes atopar diferentes actividades que se adaptan aos distintos cursos e ritmos de aprendizaxe. A modo de exemplo citarvos  http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/

Particularmente, sabedes que a partir de 3º introducimos o xadrez dentro da nosa área. Quizais sexa un bo momento para progresar neste deporte. Existen multitude de páxinas na internet que nos permiten xogar e se adaptan a distintos niveis. A modo de guía  https://www.chesskid.com/es    e tamén   https://www.chess-poster.com/  (existe a posibilidade de poñela en castelán e ir á galería).

Tamén, a partir de 4º, pero sobre todo en 5º e 6º traballamos nas clases fundamentos dalgúns deportes como baloncesto e voleibol. Se queredes, na rede tedes moitos vídeos onde repasar os fundamentos e xestos técnicos básicos dos mesmos.

Asemade, os máis maiores, podedes facer algunha pequeña rutina de exercicios para mantervos activos: flexións, xiros, abdominais, estiramentos… Como xa vimos nas clases é moi importante a postura correcta na súa execución, polo que aconsello que os fagades dirixidos por alguén que saiba.

Finalmente, recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha varios programas e actividades referidas ás distintas áreas. Podedes atopar información detallada no apartado “recursos varios” de Ed. Primaria desta web. Así, por exemplo, Clan tv, os mércores de 9 a 14h, emite contidos en Ed. Física.

Ánimo e coidarse !

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer