Skip to Content

Actuacións da Semana Cultural

Velaquí os vídeos das actuacións da semana cultural!

 

 

Magazine 02 Belesar

Concurso adiviña a música

por Sara, Lara e Sabela de 2º

Nesta fase final temos a Carmen de 4 anos, Enma de 5 anos, Manuela, Saúl e Uxía de 1º e Virginia de 2º. ¿Quen gañará?

Nesta 7ª ronda contamos con Alma, Jorge, Enma e Ander de Infantil 5 anos e Diego e Alma de 2º de Primaria.

Nesta 6ª ronda contamos con Uxía, Kiara, Kevin e Virgínia 2º de primaria.

Nesta 5ª ronda contamos con Saúl e Daniel de 1º Primaria e Lúa e María de 2º de primaria.

Nesta 3ª ronda contamos con Telmo, Alba, Carmen e Leire de 3-4 anos de Ed. Infantil

Nesta 2ª ronda contamos con Izan, Manuela e Violeta de 1º de Primaria

Nesta 1ª ronda contamos con Xoel, Vera, Naira e Uxía.

Belesar Camiños da Memoria: Entrevista a Margarita Acevedo Misa, avoa de Lucía.

Laura e Lucía entrevistan a Margarita, partícipe da demanda veciñal que fixo realidade o cole de Belesar.

"SOS Planeta: a toda pastilla" dende o backstage

Fai dúas semanas vivimos un momento moi emocionante, a estrea do noso musical “SOS Planeta: a toda pastilla”.

Comezamos os ensaios meses atrás en horario, tanto de mañá coma de tarde, e foi moi pouco a pouco que comezamos a ver resultados. Houbo momentos nos que pensabamos que non chegariamos a tempo, que non sairía ben, que faltaba motivación, moito cansazo...sen embargo, e tal como nos di a experiencia conseguimos chegar a actuación de Vigo case co musical completo, con erros, que nos axudaron a reflexionar para poder mellorar. Para a actuación en Baiona engadimos música en directo e, para o noso parecer, alcanzamos o máximo nivel das nosas actrices e actores.

Grazas a todos eles que esforzáronse moito para memorizar un guión longo, en mellorar as súas posicións no escenario, na vocalización e expresión facial...

Grazas ás familias por colaborar en que a maioría deles acudise a todos os ensaios.

Grazas ao público que acudiu ao auditorio a gozar do espectáculo: EEI Areal e CEP Sabarís, familiares, amigos...

Grazas ás profes que colaboraron con nós en todo momento: as súas titoras e especialistas, aos que ás veces lles pedíamos algúns dos seus ocos para ensaiar; aos profes Pablo e Iria que nos axudaron coas luces e son; ao resto de compañeiros/as que soportaron momentos nosos de cansazo e desesperación con moita comprensión e cariño.

Grazas a nós mesmas, que como equipo, outro curso máis, xuntas, conseguimos sentirnos moi orgullosas e rematar este precioso proxecto extremadamente satisfeitas.

Deixamos un vídeo que reflexa o noso musical...dende o backstage!

Proximamente o vídeo oficial!

 


Trabalinguas e baile na aula de 1º de Primaria

Compartimos dous vídeos realizados na aula de 1º de Primaria!

FONDO SOLIDARIO de libros de texto e a AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Queridas familias,

 

O venres comezou o prazo para solicitar a participación no FONDO SOLIDARIO de libros de

texto e a AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR segundo regula a ORDE do

10 de maio de 2023 publicada o 19 de maio no DOG.

 

Adxuntamos Anexo I e II e nota informativa

 

Entrevista a Moncho, o avó de Alba, sobre as abellas (Infantil 3-4 anos)

Os nenos e nenas de Infantil 3-4 anos entrevista a Moncho na súa faceta de apicultor. A entrevista enmárcase no Proxecto As Abellas que están a desenvolver dentro da aula.

SOS Planeta: a toda pastilla

Xa temos cartaz para a estrea do noso musical en Baiona, estades invitados a vir ao auditorio e animar aos nosos actores e actrices, de seguro gozarás do espectáculo musical!

Magazine 01 Belesar

Noticias dende Belesar

polo alumnado de 3º de Primaria

Reportaxe informativo

por Mara e Rodri

Entrevista a Moncho, avó de Alba

(Infantil 3 e 4 anos)

Sección musical

por Noa e Uxía de 6º

Concurso de Trivial

por Mencía e Kalani

FINAL 

RONDAS

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut