Skip to Content

Programa piloto do Magazine de Belesar a cargo do equipo docente

No CEIP Plurilíngüe de Belesar estamos a implementar a radio como ferramenta educativa para favorecer os procesos comunicativos. Neste marco, realizamos esta proba piloto nunha xornada de formación.

Folga de transporte: xoves 27 e venres 28 de abril

Bo día familias,

mañá e pasado está convocada folga de transporte que pode afectar ao noso centro. Nestes momentos non podemos garantir o correcto funcionamento do servizo.

Saúdos

Equipo directivo

Non quedes sen a túa camiseta!

 

Menú comedor abril

Festival de Entroido

Xa temos o vídeo do festival de Entroido publicado na nosa canle de youtube!

Folga de transporte

Bo día familias,

mañá hai convocada folga de transporte que, segundo publica hoxe o DOG, afecta as nosas liñas de autobús.

Acábanos de comunicar a empresa de transporte que non poden garantir a realización do servizo para mañá.

Saúdos

Equipo directivo

Informativo Belesar

O alumnado de 4º de Primaria grava o seu primeiro Informativo!

 

 

CEIP Plurilingüe de Belesar

Aínda estás a tempo de formar parte da nosa comunidade educativa, queres vir coñecernos?

Contacta con nós!

Solicitude de admisión curso 2023/2024

Estimadas familias,

Do 1 ao 20 de marzo comeza o prazo de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos. As prazas a cubrir no noso centro son as seguintes:

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

  1. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Xunto coa solicitude as familias deberedes aportar:

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia do libro de vacinas.

- Fotocopia libro de familia.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

 

A listaxe provisional de alumnado admitivo estará accesible tanto na aplicación informática coma no taboleiro do centro o 25 de abril, habendo 5 días hábiles para formular reclamacións.

Toda a información sobre o proceso está dispoñible na aplicación "admisiónalumnado".

 

 

Xa temos a primeira entrega. Gracias Angélica, Lola e Encira!

O alumnado de 6º de Primaria gozou do regalo destas tres primeiras protagonistas.

E recorda! Buscamos historias! 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut