Como xa é tradición en Belesar na semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Florencio Delgado Gurriarán, o alumnado do centro prepara actuacións de forma voluntaria para participar na, tan esperada por todos eles, Semana Cultural.
Deixamos o vídeo do primeiro día de actuacións, esperemos que gocedes del!
a nosa ANPA organiza recollida de alimentos non perecedoiros, medicamentos precintados e roupa de abrigo para Ucrania, en colaboración coa ONG de Baiona "Ayuda al mundo necesitado" e do Concello de Baiona.
Durante o luns 7 e o martes 8 recolleranse no centro todo o que as familias podan aportar, calquera mínima axuda será ben recibida!
Moitas grazas a ANPA polo seu compromiso e colaboración!
Hoxe, 23 de febreiro, festexamos o Día de Rosalía de Castro, gran poeta e galeguista. O noso cole está sementado de pensamentos en honra a ela, xa que estas eran as súas flores favoritas.
Ademais gustaríanos compartir con vós un vídeo que gravamos co alumnado de 6º de Primaria para presentar ao concurso "A nosa Rosalía".
achégase o Entroido e este venres aparecerá no cole o Meco dando ordes para que veñamos disfrazados ou con complementos para a vindeira semana.
Enviamos a explicación do Entroido deste curso e as ordes que irá dando diariamente. Tamén engado un link a un vídeo de youtube onde aparecen distintos exemplos de disfrace, por se precisades inspiración.